Alba Rubín está
aquí traballando de fotógrafa, o que para min supón unha boa ledicia, sobre todo porque tiven a ocasión de quedar varias veces con ela e o seu can
Atos,
un fermoso exemplar negro de ollos vivaces e bigotes ásperos. Charlamos do pasado, claro, pero tamén do presente e do que nos move na actualidade. O sábado uníronse a todos nós o seu irmán,
David Rubín, e as súas respectivas parellas. Tardarei en esquecer a tarde estupenda que pasamos primeiro na casa e logo paseando polo
Vilar, tomando unhas cervexas en
Corrubedo e por fin de remate ceando na vila case á beira dunha orquestra que resoaba na praza. Con tanta emoción non me lembraba para nada das festas, pero aturei ben o ruído porque a compañía era inmellorable.
Gustoume velos, charlar con eles, manifestarlles o meu afecto e sentir o deles.
Etiquetas: ribeira, vida, visitas