A
lantana é unha planta ben linda que nos regalaron nun testo os
criadores de
Dona hai algún tempo. A primeira vez que a vin -na horta dun veciño- lembroume unha
hortensia en miniatura, malia as evidentes diferenzas que as distinguen; cando M e J trouxeron este exemplar sacudiume o pensamento* de que semellaba unha
bandeira. Non tardei en rexeitar esa idea como impertinente e gocei durante o seu crecemento desde que a puxemos en terra pegada a unha parede da casa; medra vizosa desde a primavera ata máis ou menos esta época do ano e achega moita ledicia a esa parte da horta; é moi agradecida e apenas precisa coidados e, aínda que non cheira, atrae
abellas e
abellóns acotío.
Aínda que o pensamento* non desapareceu, conseguín non telo en conta á hora de contemplala, pois, á fin e ao cabo, dun xeito obxectivo, a combinación de cores resulta moi alegre e vistosa á marxe de calquera prexuízo nacido de non se sabe onde.
Etiquetas: animais, Dona, vida