Coñecín a existencia literaria de Thierry Jonquet a través de Noemí, gran afeccionada á novela negra e semellantes -á parte de excelente comentarista de literatura-, cuxas recensións incitan a cometer o pecado de ler. Cheguei así a Tarántula, novela curta (135 páxinas na edición do Círculo de Lectores) que se devora nunha tarde e deixa un pouso duradeiro. Axiña capta o interese e a atención do lector, quen non pode menos que sorprenderse a medida que vai coñecendo as reviravoltas desta intricada historia.Digo o de pouso duradeiro porque xa hai algún tempo que a lin e aínda lembro a sensación de abraio que me enchía cando cerrei o libro: a mesma que sinto agora ao lembralo.
Aínda que non me teño por unha gran amante das truculencias (outros opinan o contrario), a verdade é que esta historia, narrada desde varios puntos de vista, amosa o pracer da vinganza levada a cabo con paciente habelencia e unha crueldade até certo punto xustificada. Por iso pon a pel de galiña e estarrece o ánimo.
bueno, estou algo retirada das novelas dende hai un tempo, pero sempre que paso por aquí, pégame a gana... e hoxe aínda máis!
ResponderEliminar(cambiaches o formato dos comentarios?... ou parécemo a min?)
ResponderEliminarCambiei, cambiei; mellor dito: cambiáronmo. Estaba farta dos outros.
ResponderEliminarDe nada, maestra. Estoy encantada de difundir perniciosos virus negros por el mundo. Ahora anímate con el resto de la obra de Jonquet. Besos mil.
ResponderEliminar