Parece incrible, non?
Gradicela cumpre nove anos dentro de tres días, aínda que a idea é máis vella. Claro que sempre fun algo lenta tomando decisións. E o que cambiou o conto durante este tempo! Ao principio, para subir unha foto, cumpría saber moito de HTML e controlar guións, frechas e puntos, porque se deixabas un fóra, a foto non subía. Agora, con só un par de chuzas, xa está! Iso por non falar dos numerosos cambios que o sistema foi introducindo e aos que se houbo que adaptar... Co que a min me gustaban os cambios!
Pero aquí estamos, aínda. Grazas aos que me axudaron a montar este trebello! Moitas grazas!
Xa pasas do uso de razón. Agora compre chegar á mioría de idade.
ResponderEliminarNoraboa.
Gústame saber que quen vai por diante continúa termando do trebello. Parabéns polas nove candeíñas. Axudo a soprar
ResponderEliminar"The Best is Yet to Come"
ResponderEliminarWilliam Shakespeare ou Frank Sinatra,non estou moi seguro.
9 anos é todo un record!
ResponderEliminarparabéns.
e non e fácil seguir aí un ano tras outro, tés moito mérito!
biquiños,
Eu empecei no dos blogs no 2005... fun cambiando de plataforma, de formato... pero zeltia sempre.
ResponderEliminarhoxe é o verdadeiro día do cumple, moitas felicidades!
Moitísimas grazas! :)
ResponderEliminarNove anos son todo un récord neste mundiño. Noraboa !.
ResponderEliminarEu empezo a perder forzas co blogo pero aínda aguantarei algo. Con dicirche que teño preparada a inocentada para este ano xa che digo bastante.
Parabéns atrasados!
ResponderEliminarMoitísimos, ten moito mérito a resistencia.
Saúdos.
X
Grazas!!! A resistencia? Creo que máis ben é teimudez. ;)
ResponderEliminarFeliz cumpleaños, maestra. Mi cumpleblog es en febrero y siempre se me pasa desapercibido. Como dice alguien por ahí arriba, nueve años es mucha vida para un blog, todo un récord. Enhorabuena y a seguir disfrutando.
ResponderEliminar