Notar o sol converteuse no pracer máis grande do mundo, malia temer que non dure abondo para recuperarnos de tanta auga e grisalla. As flores xorden por todas as partes e o horto está salferido de cativas xoias en miniatura que dá mágoa chapodar. A roseira da foto é pequena pero alegra a entrada da casa coma unha promesa. Desde a ventá vexo os piñeiros do fondo axitados polo vento e, máis alá, o mar en falsa calma.
Dona deitouse detrás da miña cadeira, como adoito; aínda non chegaron os días críticos do celo, pero xa se puxo máis esixente á hora de pedir aloumiños. Para min esta escena é sinónimo de paz e tranquilidade. Oxalá dure!
Pois semella que vai durar estes días polo menos.
ResponderEliminarOs nenos tamén agradecen o bo tempo.
Ten que durar: precisámolo.
ResponderEliminarÉ que se non, eu apéome. XA!. Non podo máis.
ResponderEliminarDende logo a escea que nos amosas é vivificante e chea de paz...
ResponderEliminar(linda a foto)
pois aí che ven unha onda de calor...!
ResponderEliminarpara ti e para mín... claro que a túa escea trasmite paz e tranquilidade... o cotián... as cousas pequechiñas...
ResponderEliminaros nosos cans...
¡que calor fixo hoxe!... e eu na casa metida poñéndolle xeo ó nocello esquerdo... hoxe pola mañán camiñando torcino e teño un pequeno esguince... mañá espero estar mellor.
bicos,