20.12.13

Selos

En USA é posible encargar selos co motivo que queiras e empregalos para franquear cartas e paquetes. O home de Maryland -amigo meu desde hai anos- mandou facer estes cunha foto de Dona e Melas (que figura no meu perfil de FB). Cando me chegou a súa postal de Nadal case non podía crer o que vía no sobre e sentinme moi alegre. Falei con el, agradecinllo, pero faltaba por chegar a plancha enteira con selos que aquí non son de curso legal. Gardareinos e, se podo, coareinos coma quen non quere a cousa nas escasas cartas que envío. Abofé que están guapas as nenas! Merecen divulgarse por todos os lugares do mundo. Espero que Correos non se mosquee.

6 comentarios:

  1. en Correos tamén se pode: https://online.correos.es/contenidos/Comprar_sellos/tu_sello/tu_sello/tck_tusello.asp
    Bicos e Felices Festas :*

    ResponderEliminar
  2. Pois en Estados Unidos tamén se poden personalizar as matrículas do coche. Para o ano pídelle ao home de Maryland que che traia unha.
    Boas festas !.

    ResponderEliminar
  3. Comprendo a túa sorpresa. É unha idea ben orixinal (e tomo nota de que Correos tamén o permite)

    Moita ledicia para estes días, que se prolongue a continuación das festas.

    ResponderEliminar
  4. vaia maneira tan orixinal e chula de felicitarvos o Nadal!
    (estan moi lindas as cadeliñas)

    ResponderEliminar
  5. As veces os americanos teñen cousas que me gustan.
    Preciosas cadelas. Merecidos selos.

    ResponderEliminar

Espraiate!