Puxen o enlace
hai uns días aí á esquerda; un bo
amigo decoroume o
local e, agora que está máis presentable, anúncioo aquí; réstanlle algúns detalliños que irán engadíndose a medida que as ideas me xurdan nidias. Non sabía que facer con eses delirios que se me ocorren ás veces, pero desde o primeiro momento tiven claro que o mellor era expoñelos ao aire para que recibisen suxestións e comentarios sen censura. É unha maneira excelente de progresar no que se fai. Espero que gusten deles. A min encántame compartilos. Cousas da interné.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Espraiate!