Desde
Patricia Highsmith a
John Gardner ou
David Lodge, pasando por calquera manual de estilo que se prece, hai unha recomendación que se repite coma o allo e que me tomo a licenza de resumir:
se podes contar unha cousa con cinco palabras, non empregues vinte. Capacidade de síntese, de atopar a palabra xusta en cada caso, non outra semellante, de chapodar as pólas prescindibles até deixar a frase espida de follas secas, de mutilar sen dó. Semella doado. En
Augusto Monterroso -o do famoso dinosaurio-, a nudez impera, pero unha non está segura de querer ceibar tantos velos e, porén, inténtao. Tanto, tanto, que ao final só lle queda unha palabra:
nada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Espraiate!