Hai en
Vila Real, mellor dito, en
Sabarís, un
hotel con encanto a cuxo bar adoitamos ir tomar as cervexas da tarde. Non ten grandes vistas pero si unha terraza tranquila -agás cando se enche de nenos- na que se pode charlar sen alzar a voz. Non hai moito que abriron os seus servizos ao público, mais, polo que sei, foilles ben a tempada. O dono é un inglés pálido e delgado cun gran sentido do humor e un carácter afable e comunicativo. El e B intercambian frases na súa lingua; eu luzo o meu oxidado francés e el respóndeme en galego. Case sempre se produce algunha anécdota simpática e non podo evitar pensar no valor que cómpre para abandonar a túa terra e instalar noutra un negocio cando menos azaroso. A iso chámolle eu determinación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Espraiate!