
Unha máis das novelas de
Mundodisco do prolífico
Terry Pratchett, quen a pesar da enfermidade da
memoria que padece, continúa entreténdonos e facéndonos sorrir coas súas disparatadas aventuras. En
Carpe Jugulum entran en escena os vampiros, convidados polo rei á cerimonia de poñerlle nome á súa filla. Mediante a súa forza mental convencen a case todos de que beber sangue non é tan malo, agás a Agnes, e sobre todo a
Perdita, e a Yaya Ceravieja.
Quizais non é unha das mellores novelas da serie, pero consegue o que pretende: meternos no seu mundo, divertirnos e de fondo facernos pensar. Porque non todo é puro entretemento, senón que hai máis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Espraiate!