
Coñezo a
obra de
Petros Márkaris desde hai varios anos, a partir do momento en que me animei a ler novela negra de todos cantos países puidesen achegarme unha visión diferente da británica e norteamericana;
Andrea Camilleri e
Donna Leon coincidiron máis ou menos no tempo con el e afeccioneime aos tres por diferentes razóns, aínda que a principal fose a mesma: gustáronme.
Coma
Montalbano e
Brunetti,
Kostas Jaritos vai evolucionando en cada entrega ou, máis ben, vai amosándonos distintos xeitos de reaccionar ante os acontecementos que lle trae a vida. En
Con el agua al cuello, á parte dos asasinatos, abránguense diferentes aspectos da crise grega e non é o menos importante a idiosincrasia dos seus habitantes. Moi recomendable.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Espraiate!