14.7.12

Aos poucos

A Eduardo Galeano non cómpre presentalo porque é abondo coñecido pola súa deliciosa prosa e o seu compromiso cos desherdados do mundo. Vou lendo aos poucos o seu último libro, igual que se toman as menciñas ou os bombóns: sen enchentes.
Posúe este home a capacidade de expresarse sen alardes, con precisión e beleza, calidade que comparten moitos escritores de América do Sur. Na súa pluma as palabras adquiren unha forza e unha sonoridade difíciles de atopar, por iso mesmo resultan tan valiosas.

El Más Acá (Junio 29)
Dizque dicen que hoy es el Día de san Pedro, y dicen que él tiene las llaves del Cielo.
Vaya uno a saber.
Fuentes bien informadas aseguran que el Cielo y el Infierno son nada más que dos nombres del mundo, y cada uno de nosotros los lleva adentro.

5 comentarios:

  1. H de MD6:51 a.m.

    Hoxe pola tarde fun de compras con un can e dous amigos,nunha tenda o cartaz decía Welcome e debaixo viase a figura dun can,na outra deronos unha galleta ecoloxica pro can,nas duas habia un cuenco de auga a porta.
    As cousas van cambiando pra mellor.

    ResponderEliminar
  2. Galeano é incrible. Hai moitos anos relaláronme "las venas abiertas de America Latina". Mais tarde "el libro de los abrazos" e "las palabras andantes" e disfrútoos a base de ben.

    ResponderEliminar
  3. e tanto que os levamos dentro.

    Me gusta Galeano, sempre me fai pensar con frases sinxelas cheas de inxenio

    ResponderEliminar
  4. Anónimo12:06 p.m.

    Non é só enxeño (que tamén) é poesía en estado puro.

    ResponderEliminar
  5. Vaia, este relato tócame polo meu nome.
    A verdade é que Eduardo Galeano di verdades case tan incribles como curtas.

    ResponderEliminar

Espraiate!