17.1.13

Prexuízos

Hai moitos anos que lin este delicioso libro de Jesús Tusón, reputado lingüista catalán; tanto me gustara o seu ton irónico, as súas verdades coma puños, a súa exposición fluída e clara, que me parecera unha mágoa que non fose lectura obrigada para todo o alumnado (e profesorado tamén) do instituto onde traballaba.
Por desgraza, case todo o que di segue vixente, porque os prexuízos son aprendidos, nunca innatos, e cómpre recoñecer que se hai algo difícil de erradicar son eles, os prexuízos, herdados da sociedade ou dos nosos pais (sociedade, á fin e ao cabo). Para non seguir repetíndoos coma loros deberiamos aprender a pensar por nós mesmos, informarnos a conciencia antes e reflexionar sobre os datos que se nos achegan. Pero, claro, iso leva tempo e traballo e acotío resulta moito máis cómodo seguir pensando coma adoito e non facer un pequeno esforzo por abrir a mente. Unha mágoa!

6 comentarios:

  1. non podo máis que decir que tés razón.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  2. E agora hai que lle engadir que hai moito interesado en evitar que a xente pense.

    ResponderEliminar
  3. E por fin é lectura obrigada?

    ResponderEliminar
  4. Coñezo o autor, mais non coñecía es título. Pinta máis que ben. Non todos están de acordo, pero eu celebro poder atopar este tipo de lecturas (non ficción) e tamén outras traducións en lingua galega.

    Saúdos Peke
    :-)

    Dani

    ResponderEliminar
  5. Non é lectura obigada, Zeltia, pero debería selo en toda España e, se me apuras, en todo o mundo. Ademais é moi entretido.

    ResponderEliminar
  6. ObRigada, quería dicir.

    ResponderEliminar

Espraiate!