Hai anos, aínda en Auria, mercamos unha oliveira anana a un viveiro holandés; B devecía por unha e no balcón só cabía aquela ananez que viña nun testo. Trasladouse connosco a Monte Lourido e alí permaneceu sen cambios ata que chegamos aquí, onde contamos cunha horta bastante xeitosa. A alma do xardineiro afeccionado decidiu poñela en terra, á beira da cancela; como non medraría moito, non molestaría para entrar e saír. O caso é que, feliz no novo hábitat, a oliveira medrou e engordou (cómpre chapodala por un lado todos os meses para non quitar un ollo cando pasamos) e este ano encheuse de floriñas que vimos como, moi paseniño, ían converténdose nos froitos de Atenea.
A principios desta semana as bagas bicolores da deusa semellaban listas para seren recolleitas e, con axuda de Melas, dediquei parte dunha mañá á tarefa. Velaquí o resultado do meu labor; agora permanecerán vinte días en auga (cómpre cambiárllela todos os días) ata que estean preparadas para continuar o tratamento que as faga comestibles.
Flipo!!!!! Menuda colleita!
ResponderEliminary que ricas son las aceitunas de verdad, como digo yo... tienen un color distinto, un sabor distinto... ¡que as disfrutedes con moita saúde!
ResponderEliminarbiquiños,
p.d.: onte deixeiche unha mexsaxe no feisbuk
Que boa pinta!
ResponderEliminarParabéns pola colleita.
X
Qué terá esta nosa terra pródiga que da froitos do sur, do leste e nosos propios.
ResponderEliminarTi tes os froitos da oliveira; eu teño una laranxeira que ten laranxas riquísimas todo o ano. E tamén teño limóns.
E, éche ben certo, non hai coma o da casa.
ah, gustaríame saber a continuación da historia...
ResponderEliminarna casa da aldea prantou meu irmao unhas oliveiras, inda miudas, pero deron algunhas (poucas) xa no primeiro ano. E eu non sei que facer con elas.
Zeltia, en breve poñerei a continuación da historia. A ver se as cato antes e cóntoche. ;)
ResponderEliminar