Terrible sospeita
A pesar de contar cun lado
práctico e
realista abondo forte, a pesar de ler varios xornais (que me axudan, por certo, a confirmar que a información non é obxectiva e si manipulable), a pesar de ter aprendido a
relativizar e situar os acontecementos no seu
contexto, sospeito desde hai unha tempada que continúo a ser unha
idealista - quizais
ilusa- da peor ralea.
Temo que
a estas alturas o meu mal non teña cura.