Agradable, simpática e entretida foi a presentación d'A verdadeira historia da mosca da tele de María Solar. Francisco Castro, Quico Cadaval e Tonhito de Poi acompañárona no Ateneo de Ribeira contribuíndo a que o acto resultase ameno e mesmo emotivo. En primeira fila, coma adoito, puiden escoitar sen dificultades as palabras dos catro, comprobar como funciona un verdadeiro editor, divertirme coa habelencia dun home de teatro e gozar por primeira vez da fermosa voz dun músico; e, madía leva, quedar encantada coa autora e a súa simpatía.
Agora quédame ler o libro, asinado por María Solar, que ten unha pinta estupenda. Noraboa a ela e aos seus acompañantes!
6 comentarios :
pois xa nos contarás qué tal está o libro.
biquiños,
Xa contarás qué tal..
Eu pensei que algo de editores si sabías ¿non si?
Para a miña desgraza, sei sobre todo dos malos, Chus.
O evento tiña unha pintaza macanuda con ese elenco.
Pois eu veño ofrecerlle os meus mellores desexos para o novo ano. Que sexa polo menos como o que deixamos, que visto o visto, xa é abondo.
Feliz 2013!
Feliz Año, Peke
(vir cun bo libro para a casa despois de pasar un bo anaco cos que fixeron que o libro chegue a un, sempre é un acontecemento lindo)
Publicar un comentario