23.3.13

Perdedores

A lectura de Todo OK deixa un resaibo abondo acedo -de seguro buscado polo autor-, e máis se temos en conta que quizais os perdedores da novela merecerían unha segunda oportunidade. Merécena? Non serei eu quen se pronuncie ao respecto, pois, se non ao cento por cento, creo que case sempre se merece.
Se cadra, por estar contada en presente, cunha linguaxe sobria e precisa, resulta algo fría, coma se estivésemos lendo unha exposición de feitos carente de paixón; pero iso é na aparencia, porque a medida que avanza o relato moreas de suxestións xorden por todas as partes e imos comprobando que eses personaxes doentes teñen sentimentos, ás veces moi intensos, e por iso mesmo rozan a nosa alma e fan que nos preguntemos por que actúan de xeito tan irresponsable. Irresponsable segundo se mire, madía leva, porque unha non domina as normas que rexen en determinados ambientes.
Sigo a obra de Diego Ameixeiras de xeito esporádico e aínda teño sen ler algún libro seu na casa; estou certa de que o lerei, pero antes deberá pasar un tempiño para dixerir este por completo.

4 comentarios :

Paz Zeltia dixo...

Ás veces, inda que algo guste, precísase un tempiño para estar dispostas a outra dose ... :D

agora nas vacacións terás tempo a ler!
pásao ben

peke dixo...

Si, Zeltia, funcionamos así.

Grazas, anónimo!

mariajesusparadela dixo...

Gustoume iso de "agora nas vacacións terás tempo de ler...
Non contas nada de Dona e Melas ¿todo ben?

peke dixo...

Todo ben, María Jesús. Nese aspecto, todo ben. :)