4.6.13

Cambio II

A-LU-CI-NAN-TE.
Xa non só porque a furgoneta está ben, é doada de guiar, ten unha visibilidade estupenda e unha capacidade que supera as nosas expectativas, senón tamén porque o home que ma vendeu resultou ser un amigo de B a quen este non vía desde había trinta anos.
O encontro foi conmovedor.
Iso si, as cadelas, polo momento, non quixeron entrar. Débelles cheirar demasiado a novo.

4 comentarios :

Paz Zeltia dixo...

Pois que teñades bos paseos nela!

matrioska_verde dixo...

Dona e Melas, en canto que se acostumen, irán encantadas na furgo... é estupenda.

Faredes fermosas excursións.

biquiños,

mariajesusparadela dixo...

Menuda cantidade de espacio. Estou a pensar que casi cabe o Cuco...

Unknown dixo...

Ainsssssss qué bonitiña!