24.6.13

Sol, por fin

Notar o sol converteuse no pracer máis grande do mundo, malia temer que non dure abondo para recuperarnos de tanta auga e grisalla. As flores xorden por todas as partes e o horto está salferido de cativas xoias en miniatura que dá mágoa chapodar. A roseira da foto é pequena pero alegra a entrada da casa coma unha promesa. Desde a ventá vexo os piñeiros do fondo axitados polo vento e, máis alá, o mar en falsa calma. Dona deitouse detrás da miña cadeira, como adoito; aínda non chegaron os días críticos do celo, pero xa se puxo máis esixente á hora de pedir aloumiños. Para min esta escena é sinónimo de paz e tranquilidade. Oxalá dure!

6 comentarios :

paideleo dixo...

Pois semella que vai durar estes días polo menos.
Os nenos tamén agradecen o bo tempo.

mariajesusparadela dixo...

Ten que durar: precisámolo.

peke dixo...

É que se non, eu apéome. XA!. Non podo máis.

Paz Zeltia dixo...

Dende logo a escea que nos amosas é vivificante e chea de paz...
(linda a foto)

Paz Zeltia dixo...

pois aí che ven unha onda de calor...!

matrioska_verde dixo...

para ti e para mín... claro que a túa escea trasmite paz e tranquilidade... o cotián... as cousas pequechiñas...

os nosos cans...

¡que calor fixo hoxe!... e eu na casa metida poñéndolle xeo ó nocello esquerdo... hoxe pola mañán camiñando torcino e teño un pequeno esguince... mañá espero estar mellor.

bicos,