25.1.14

A orquídea

Vai para sete anos que mercamos esta orquídea de exterior; seino porque Dona aínda non chegara á casa e a planta puido enraizar ben para resistir os "ataques" da cachorra. Despois, con Melas, tamén recibiu algúns empurróns, pero aí segue, florecendo todos os anos por estas datas.
Abráiame que logo de varios temporais, algúns con abundante sarabia, a boa da orquídea continúe viva. Aquí vola deixo para que gocedes dela.

4 comentarios :

Chousa da Alcandra dixo...

Superou a chegada de Dona e mailos envites de Melas. As treboadas e maila saraiba... Ti es moi lista: agora, ao agasallarnos con ela, xa vai continuar viva sempre!

paideleo dixo...

O amigo Chousa sempre está certo.Co esta foto quedará no noso maxín por muito tempo.

mariajesusparadela dixo...

Pois, sí, orquídea sempre viva. Preciosa.

Zeltia dixo...

esta tena miña sobriña, dende hai uns anos tamén, pero non está tan bonita.
Iso si; xa fixeron varias outras dela :)