21.4.04

Un siciliano moi vivo
Coñecín a obra de Andrea Camilleri por azar, que é como máis prestan este tipo de achados. Un mes con Montalbano foi o meu primeiro contacto con el e quedei prendada do estilo áxil e irónico, da retranca tan semellante á galega e dunhas tramas intelixentes, ben levadas e orixinais que rara vez recorren a piruetas decepcionantes.
Saltou ao público europeo a partir do comisario Salvo Montalbano, cuxo nome rende homenaxe a Vázquez Montalbán, do que Camilleri se declara admirador.
O último libro que lle lin é El movimiento del caballo, onde un recadador de impostos espreme o seu maxín para non ser devorado pola sociedade dunha viliña siciliana.

Ningún comentario :