26.7.04

¿Malas palabras?
Sinto unha particular querenza polas palabras contundentes, expresivas, gráficas e sonoras, que che enchen a boca ao pronuncialas e baleiran-se o tes- o enfado. Na fala non ando con miramentos e salpico o discurso cuns cantos *******, ***** e ******* que, dado o meu aspecto, chocan ao interlocutor e lévano a mirarme dúas veces por se escoitou mal. Á terceira ou cuarta, xa se decata de que escoitou de marabilla e de que o meu verbo fácil e fluído non é obra de tres días.
Na escrita..., en fin, na escrita non se me dá ben, máis ca nada porque os signos de puntuación non conseguen suplir o ton de voz, o aceno das cellas, o movemento da boca, o axitar de mans e todos eses miúdos detalles que converten un ¡carallo! no súmmum da elocuencia.


Ningún comentario :