14.7.04

Rarezas
O pai dunha ex-compañeira (e, porén, amiga) decidiu un bo día non volver saír da casa; até que morreu, permaneceu vinte anos metido no seu oasis privado sen necesitar nada que este non lle ofrecese. Se había visitas, atendíaas con corrección se lle apetecía; en canto cansaba, retirábase ao despacho sen que ninguén se sentise molesto ou ofendido.
O detalle pareceume estupendo naquela época, en que me acometían estraños devezos anacoréticos, pertinaces e teimudos coma moscas de setembro. Si, claro, ¡que cómodo!, ¿non?, contestou a amiga ao meu aplauso. Pois si, qué cómodo.
Agora penso tamén que qué aburrido.

Ningún comentario :