27.7.12

Club de lectura

Do que menos se falou onte na xuntanza foi da novela escollida; eu, menos ca ninguén, pois non a lin enteira ao non atopar o libro en papel. Só estivemos cinco persoas e esa escaseza de concorrencia adoita ser normal durante o verán ao marcharen moitos de vacacións. O que son as cousas: a vila énchese de xente de fóra e a de aquí marcha xalundes.
Nós, co mar a trescentos metros da casa, o monte a douscentos e o centro urbano a mil, gozamos de todo o que nos semella importante na vida, así que... para que movérmonos?

3 comentarios :

mariajesusparadela dixo...

Entendo que non queirades sair do paraíso.

BONEQUIÑA DE TRAPO dixo...

Está moi ben iso de ter un clube de lectura. Xa me porás ao día e a ver se podo integrarme.

zeltia dixo...

bueno... ás veces ata o paraíso cansa e compre recrear os ollos en paisaxes novas e outras maneiras de vivir, porque se non terminamos adoptando unha única maneira de mirar...
pero bueno, quizá hai un tempo para cada cousa, etapas diferentes nas que gusta un de vivir dunha determinada maneira.