Sacoden pernas, apreixan orellas cos dentes, gruñen, rosman, tómbanse panza arriba, corren, perséguense... Un verdadeiro espectáculo para os miróns, divertido e cheo de enerxía. Iso si, cómpre manterse a unha prudente distancia, non vaia ser o demo que, nunha destas, unha dentada perdida pille un anaco de carne ou un empurrón inocente acabe con unha no chan. Á fin e ao cabo son máis de trinta quilos en movemento e a forza, considerable, non está controlada.
Ninguén diría que son as mesmas que se che achegan coa cabeza baixa e cariña de inocente a pedir aloumiños e caricias, que estiran a pata para que llela collas e lámbenche calquera parte do corpo non se sabe por que escuras razóns.
Si. Son Dona e Melas.
4 comentarios :
onte pola mañá fumos á protectora Arco da Vella (vamos a míudo) para sacar a pasesar uns canciños, que sempre lles ven ben... pois houbo unha liorta entre algúns cans que non vexas... pero non chegou á sangre o río... porque no fondo todos os cans quérense moito.
sacamos a pasear a Congo e a Guerra, dous galguiños negros como o azabache... a Flecha, outro galguiño medroso e atrigrado... e a Truco, un cachorriño bonachón e grandísimo, de tan só cinco meses, mezcla de mastín é vaia vostede a saber...
cada vez adoro máis os cans.
déixasme poñer as túas canciñas no blog de Ron?.
biquiños,
E qué ven te farán sentir.
a min tamén me gustan os cans.
prefiero un pequecho porque así podo levalo comigo a tódolos sitios.
dende que me morreu a cadeliña non tiven outro, foi unha dor grande. pero agora que este vagamundos que cando veño á aldea se queda comigo e ladra e me defende e me acompaña a pasear e eu lle merco pienso no super e lle poño auga, e o baño e o acariño... xa me está entrando gana de volver ter un.
este non, que é unha ialma libre, (para min que ten varios donos de adopción coma min)
Para min e para elas, Aldabra, sería un honor que estivesen no blog de Ron. :)
Publicar un comentario