12.10.12

BookCrossing

Jacob Most é un autor polifacético, como se pode ver nos variados temas que trata nos seus libros; tamén fixo películas , escribiu guións, foi realizador de TV e publicista. Non o coñecía de nada, pero gustoume o título que Interrobang ofreceu para que viaxase onde alguén amosase interese, previo rexistro en BookCrossing. Acabo de rexistralo agora mesmo para que vaia a Maryland, xunto ao meu bo amigo P. Espero que non o tome a mal ;).
Que me pareceu La muerte chupa cámara? Por un lado prometía ser unha novela orixinal e diferente, cos tópicos habituais da novela negra e, madía leva, con moita acción, pero... a cantidade de asasinatos brutais por un pai entolecido e astuto, as abondo numerosas escenas de sexo relatadas dun xeito case infantil, a excesiva rapidez coa que transcorre todo (tres días non semella moito tempo para matar unha ducia de persoas situadas en distintos puntos da cidade) e o espantoso ou nulo traballo de corrección converteron a lectura nun constante rosmar polo baixo e un continuo preguntarme como era posible que se publicase o libro. Iso sen contar que a historia de amor era máis que previsible desde o primeiro momento. Quizais o que máis me molestou foron as erratas e faltas de ortografía que salfiren o texto sen compaixón e os toques infantiloides de Camaleón, que se supón un tipo curtido. En fin, a ver que di P.

5 comentarios :

Aldabra dixo...

vamos, todo un éxito, ¿non?
outra vez será,muller.
biquiños

mariajesusparadela dixo...

Abonda co que ti dis.

P de MD dixo...

Minha,un pracer,eu non e nunca tomo a mal o que fas por facerme mellor.
E non sabes como cho agradezco
Esto tenme pinta de novela Nordica (dioslosbendija) cun toque de Esmorga , en canto sexa capaz de rexistrarme e baixar todo o que haxa que baixar,vou empezar a leela
Xa sabes que as erratas e faltas de ortografïa non ë o que mais me afeta a min.
Acabo de escoitar Jussi Adler -Olse: "La Ausente ", disfrutei moito dela ata o final que e un pouco problematico
Tamen antonte ( tinha pensado) e fun a Misa do Pilar celebrando o Magno Descubrimento e a Santa Patrona do PILAR, pero equivoqueime de iglexia e non cheguei adonde debia,como sempre
Sigo esperandovos e atopei unha livraria de vello na que vas a pasar dia e noite.

Interrobang dixo...

Parece un esbozo de guión cinematográfico que ante la negativa de los productores se acaba editando en novela deprisa y corriendo,sin pasar por corrección. Una lástima ya que prometía.
Seguiremos su periplo.
Slds.

zeltia dixo...

é incrible a fascinación que pode exercer un título...!
(eu liberei moitos libros cando fixen a última mudanza. prácticamente todas as novelas que tiña na casa)
[contesteiche ó teu flash coa muller de Ribeira]