6.10.12

Tempo de setas

Non coñecía a existencia dese virus que salta de xeito inopinado e comunica que o ordenador (este!) está bloqueado pola POLICÍA NACIONAL -nada menos- e indica que a multa de 100 € cómpre pagala mediante un proceso un tanto curioso.
Como son da vella garda, e non quero problemas coas forzas da orde pública, dirixinme decontado á comisaría para pedir explicacións. Así como comecei a falar, as dúas persoas que me atenderon saltaron ao mesmo tempo: iso é un virus que non ten nada que ver connosco. Vale, estupendo, que ben!
Tan amables foron que mesmo chamaron un compañeiro que me indicou como eliminalo. Ben é certo que logo fun pedir papas á tenda de informática onde se encargaron de todo, e todo incluíu varias horas porque o ordenador estaba invadido de elementos alleos ao sistema.
Sei que a indignación non serve de nada, pero non puiden evitar lembrar toda a parentela dos fillos de mala nai que se divirten -ou o que sexa- amolando honrados cidadáns que non se meten con ninguén. Porca miseria!

7 comentarios :

paideleo dixo...

Os virus son terribles e actúan de maneira insospeitada.
Haberá que escribir en español e votar á dereita.

paideleo dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Aldabra dixo...

a mín sálvame que teño o técnico informático na casa si non había de estar todos os días metida na tenda de informática mais cercana.

síntoo, muller.


biquiños,

zeltia dixo...

tan amable que parece o cogumelo e que enfado que portas!
:-)

eu tamén veño de recuperar o meu ordenata. Seica queceu de máis. Os pelos da gata atrancaron o sitio de refrixerarse... por pouco quedo sen el, e valen unha pasta!

alégrame de que non fose nada (a min iso da policía poñeríame bastante nerviosa)

zeltia dixo...

e iso que di Paideleo está relacionado cos virus? pensas que son intencionados polo galego?

peke dixo...

Ha, ha, ha. Non ten nada que ver co galego, madía leva. ;)

mariajesusparadela dixo...

A seta da foto parécese, na cor, á lepista nuda, pero na parte do sombreiro aun agaricus. Polo si ou polo non, eu non a comería sen estudiala ben...e, se ten virus, mellor quue a como a policía, que xa bastante intoxicada ando, miña pobre...
Sempre que chega iste tempo lémbrome moito do Secundino, que foi quen me meteu nisto das setas.
Con cada quén de vos, chégame un tempo, outro tempo, envolto nunha magdalena de Proust...