12.12.12

A quen non lle gusta rir?

Na xuntanza de onte os membros do club de lectura comentamos O bosque dos raposos aforcados de Arto Paasilinna, autor do que xa lera outro libro. Todos coincidimos en destacar antes ca nada a primorosa tradución ao galego de Tomás González Ahola, o que levou a constatar algo evidente: a alta categoría e calidade de moitos profesionais galegos relacionados coa cultura.
Gustounos a todos o humor desmesurado e retranqueiro da novela, a evolución dos personaxes e a súa caracterización, as situacións case irracionais que se producen e a algúns chocoulles que, a pesar de seren pícaros e delincuentes, un acaba por collerlles simpatía e agarimo. Velaí a habelencia do escritor, apostilei eu.
No mundo hai moitos libros interesantes para ler, demasiados se cadra, o que dificulta abondo a escolla, pero este resultou unha verdadeira delicia, aínda que tamén posúa o seu lado escuro tras tanto riso.

4 comentarios :

Paz Zeltia dixo...

Como ti dis, hai tantas cousas interesantes que ler e que facer que, cando un topa con algo que non lle convence moito, (sexa libro, película, espectáculo, etc.) ten a vaga sensación de ter sido estafado.

matrioska_verde dixo...

pois non coñecía nin a novela, nin o autor... ooutro que liches tamén tén moi boa pinta, o título xa engnacha "delicioso suicidio en grupo"... que xa de por sí é unha ironía porque delicioso e suicidio non cadran moi ben.
haberá que telo en conta.

biquiños e gracias.

paideleo dixo...

Vaia, outro libro a engadir na lista de pendentes.

paideleo dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.