30.11.12

Alto á Garda Civil!

Onte rematei de ler La marca del meridiano de Lorenzo Silva, de quen sigo a serie dos gardas civís Bevilacqua e Chamorro desde o principio. Nesta entrega colaboran con outras institucións policiais para resolver un caso que se vai complicando a medida que avanza a investigación. Nada que apoñer á novela -non só entretida, senón tamén interesante- máis ca un pequeno detalle que me foi chiando a partir dun determinado momento: nos diálogos os personaxes falan case todos igual, cunha sintaxe abondo elaborada, máis propia de tertulia literaria ca de charla fluída e espontánea. Por momentos soábame tan artificial que torcía o fociño de desgusto. Trátase, claro, dunha impresión moi persoal na que puideron influír as circunstancias, aínda que sospeito que en todas as lecturas ocorre o mesmo.
En calquera caso, o mellor é que cadaquén opine de seu.

3 comentarios :

zeltia dixo...

e só temos que escoitarnos a nós mesmas como falamos no entorno familiar e cos colegas.

Aldabra dixo...

seguro que o teu comentario é acertado... non coñezo a serie da que falas pero algo lín de Lorenzo Silva (si non recordo mal).

biquiños,

Noemí Pastor dixo...

Hola, Peke. Por fin paso por aquí. Lo mismo que dices tú de los diálogos dije yo a propósito de la anterior novela de los picoletos estos.
Esta nueva no la empezado; hoy le hincaré el diente. Y le tengo ganas, me apetece. A ver qué tal.
Mis mejores deseos para el próximo año, con lluvia o sin ella. Aunque mejor con ella: a mí me gusta ;-)