22.12.12

Tempo de casa

En xeral, non me desgusta a chuvia; é máis, se pasan moitos días sen ela, éntrame algo semellante ao desacougo. Claro que se non para durante semanas, chego a sentirme agoniada, sobre todo se vén acompañada da típica ventada que fai inútil o paraugas.
En xeral, son unha persoa bastante caseira; gústame estar ao abeiro con caloriña agradable rodeada das miñas cousas e seres queridos, dando aloumiños aquí e acolá ou charlando con calma ou lendo un bo libro. Claro que cando o tempo é moi ruín e non queda outra que permanecer na casa durante días, acaban por entrarme unhas ganas tolas de ruar.
Por sorte, comezaron as vacacións e durante máis de dúas semanas B non terá que ir ao traballo e poderemos facer plans en común ou, tan só, compartirnos sen máis interrupcións cás imprescindibles.
Pero, por favor!, onde está ese anticiclón tan desexado?

7 comentarios :

mariajesusparadela dixo...

Está chegando: hoxe, en Orense ya hai raioliñas de sol, quentando as miñas placas, que chegaron ós 60 grados...
Polo voso, como é da Coruña, pode que ainda tarde. Pero vai chegar.
Felices vacacións consortes.
E boas festas.

paideleo dixo...

Pois non che digo nada de como é estar na casa con dous pequenos !.
Boas festas !.

paideleo dixo...

Pois non che digo nada de como é estar na casa con dous pequenos !.
Boas festas !.

matrioska_verde dixo...

eu tamén me sinto moi agustiño na casa coas miñas cousas: o punto de cruz, a calceta, as lecturas... a mín gústame o inverno... non sei si será porque nacín nel...

biquiños,

Chousa da Alcandra dixo...

Vacacións? Qu'est que carallo c'est?

Bo Nadal. Cos seus días e as súas noites :-)

Paz Zeltia dixo...

Viñeron uns pouquiños días aceptables, mesmo un domingo soleado houbo!

o primeiro párrafo do teu posteo, nin que o escribira eu!

:)

Pois boas e felices festas!

Paz Zeltia dixo...

Paideleo como ten dous pequenos, deixa unha exclamación por cada un deles
:)