8.3.13

A boa de Petra

Ás veces penso que a calidade dun libro se mide, entre outras cousas, pola súa capacidade de evocación, por traer á mente do lector asociacións provocadas polo que está lendo. Tamén son moi consciente de que cada lector é un mundo e percibe o lido segundo as súas circunstancias e o momento que vive. En calquera caso, Nadie quiere saber de Alicia Giménez Bartlett é unha novela (a novena da serie protagonizada por Petra Delicado e Fermín Garzón) cunha especial capacidade para levarte por reviravoltas inesperadas, para facerte reflexionar sobre aspectos importantes, malia que cotiáns, da vida, sen que por iso semelle un catálogo de situacións.
A trama leva a inspectora e o subinspector de Barcelona a Roma, nun caso vello reaberto polo xuíz a instancias da viúva que parece, máis ben, un caramelo pezoñento, pero que a teimosía de Petra conduce á súa completa resolución.
Giménez Bartlett foi construíndo ao longo dos anos dous personaxes sólidos e verosímiles, que senten, padecen, gozan e traballan xuntos coma bos camaradas e, aínda que Petra pretenda manter separadas as súas facetas persoal e profesional, comparten moito máis cá comisaría de policía. Con dicir que Fermín e Marcos (o terceiro home de Petra) se entenden de marabilla...

6 comentarios :

matrioska_verde dixo...

nove novelas e eu non lín ningunha... é que non son moitos destas novelas detectivescas pero seguro que están ben.

biquiños,

Paz Zeltia dixo...

eu sí que son de novelas de intriga e investigación... sin embargo non levo lidas moitas, non sei, creo que é porque vou intercalando cousas que preciso saber, que teño interés en coñecer, ou a poesía, que é como unha necesidade... e non me queda tempo. Pero encántanme. a Petra Delicada só a coñezo da serie aquela que protagonizaba Ana Belén
:)

Noemí Pastor dixo...

Tengo a Petra y a Fermín sobre la mesa esperando turno y ya les toca; su libro es el siguiente que me voy a leer. ¡Qué ganas!

graciana dixo...

hola estoy participando de un concurso de fotografia y necesito un voto , me ayudas ? http://www.interactivity.com.ar/concurso2/votar-imagen?id=3440
gracias
podes comentarla si queres tambien :)

mariajesusparadela dixo...

¿botamos a graciana?...
Moito pensei con avoa e coa voda, pero a boa...tardei moito en dar con "buena"
¡qué cousas!

Anónimo dixo...

Heisse Teens ab 18 live vor der privaten livecam.
Willst du sie so richtig rannehmen? Melde dich jetzt gratis an und du bekommst gleich 50 Coins für die live cams kostenlos!
Erlebe tabulose [b][url=http://free-teen.org]Free Teens[/url][/b]. Gerade erst 18 und schon so pervers.

[url=http://2001diablo.com/memberlist.php?mode=viewprofile&u=12344]Teens ab 18[/url]
[url=http://thedeaflistens.com/forum/memberlist.php?mode=viewprofile&u=14529]FreeTeen[/url]
[url=http://i2euro.com/vb/member.php?u=231266]FreeTeen[/url]

[url=http://mondocheater.it/mondocheater/member.php?action=profile&uid=11286]Teens ab 18[/url]
[url=http://skitalets.ru/wwwthreads/newpost.php?Cat=0&Board=koster&page=14&view=collapsed&sb=5]Teen Tube[/url]
[url=http://iq-me.com/forum/2-welcome-mat/734-free-teen.html#734]Free Teen[/url]

http://www.zefron.com/forum/member.php?action=profile&uid=134701 http://film.16mb.com/index.php?subaction=userinfo&user=CamTeeni http://vb.rere33.com/member.php?u=264037 webcam[/url]