20.2.13

Nove


Parece incrible, non? Gradicela cumpre nove anos dentro de tres días, aínda que a idea é máis vella. Claro que sempre fun algo lenta tomando decisións. E o que cambiou o conto durante este tempo! Ao principio, para subir unha foto, cumpría saber moito de HTML e controlar guións, frechas e puntos, porque se deixabas un fóra, a foto non subía. Agora, con só un par de chuzas, xa está! Iso por non falar dos numerosos cambios que o sistema foi introducindo e aos que se houbo que adaptar... Co que a min me gustaban os cambios!
Pero aquí estamos, aínda. Grazas aos que me axudaron a montar este trebello! Moitas grazas!

10 comentarios :

mariajesusparadela dixo...

Xa pasas do uso de razón. Agora compre chegar á mioría de idade.
Noraboa.

Chousa da Alcandra dixo...

Gústame saber que quen vai por diante continúa termando do trebello. Parabéns polas nove candeíñas. Axudo a soprar

H de MD dixo...

"The Best is Yet to Come"
William Shakespeare ou Frank Sinatra,non estou moi seguro.

Aldabra dixo...

9 anos é todo un record!

parabéns.

e non e fácil seguir aí un ano tras outro, tés moito mérito!

biquiños,

zeltia dixo...

Eu empecei no dos blogs no 2005... fun cambiando de plataforma, de formato... pero zeltia sempre.

hoxe é o verdadeiro día do cumple, moitas felicidades!

peke dixo...

Moitísimas grazas! :)

paideleo dixo...

Nove anos son todo un récord neste mundiño. Noraboa !.
Eu empezo a perder forzas co blogo pero aínda aguantarei algo. Con dicirche que teño preparada a inocentada para este ano xa che digo bastante.

Anónimo dixo...

Parabéns atrasados!
Moitísimos, ten moito mérito a resistencia.
Saúdos.
X

peke dixo...

Grazas!!! A resistencia? Creo que máis ben é teimudez. ;)

Noemí Pastor dixo...

Feliz cumpleaños, maestra. Mi cumpleblog es en febrero y siempre se me pasa desapercibido. Como dice alguien por ahí arriba, nueve años es mucha vida para un blog, todo un récord. Enhorabuena y a seguir disfrutando.