29.3.13
Indolencia
Cando os elementos se confabulan, non hai mellor cousa que botar unha soneca no tobo preferido, tranquilas por completo e en total abandono. Peke e B están aquí, á beira, así que todo en orde.
Sería moito máis divertido andar pola horta facendo covas, osmando e perseguindo lagartos, ou ir de paseo polo monte para descubrir coellos ou á praia para xogar co mar, pero os devanditos elementos non o facilitan. Na casa tamén se está ben, aínda que, quizais, se a gran ventá permanecese aberta, para entrar e saír a vontade, a situación sería perfecta, pero xa se sabe que aos humanos non lles gusta que entren o frío e a humidade e cómpre conformarse co que hai. Total, cada vez que unha delas quere saír, abonda con pedilo e a solícita e paciente Peke acode rauda a franquear o paso. Se o aburrimento cansa, aí está B para xogar a tirar e pelexar, e Peke para aloumiñar e procurar caricias -sempre benvidas-; incluso pode caer algunha chuche de consolo se se fan ben as cousas.
Que se son felices? Eu diría que si.
Subscribirse a:
Publicar comentarios
(
Atom
)
6 comentarios :
Mola sempre ter un plan B
(Teñen pinta de selo)
Eu diría que tamén.
X
Tamén para ser can hai que ter sorte, ¿non sí?
pois se as cadelas opinan que sodes felices, abofé que han ter razón, que os cás sempre tiveron bo olfato!
:)
Non tiña idea de que tiñas este blog! Xa che sigo :)
a verdade é que se conforman ben.... Ronciño, canda cansa de dormir ven xunto a nos, dalle o mismo quen seña, con algún dos seus peluxes, para que llo tiremos e votarse unhas carreiras... pero claro, Ron é moi pequechiño, ten menos ansias por saires que as túas canciñas.
biquiños,
Publicar un comentario