10.4.13

Falar do tempo

Cando era nova, falar do tempo antollábaseme o típico tema comodín que me daba reparo abordar; sentíame ridícula comentando calores, fríos e outras inclemencias evidentes só para encher silencios incómodos. O día que me sorprendín a min mesma iniciando unha conversa co tópico que frío vai, verdade? quedei curada de espantos.
Deste ano non só vou lembrar o longuísimo e mollado inverno que padecemos, senón tamén o moito que deu de si á hora de falar con descoñecidos, as queixas que provocaron a chuvia e o frío, as perdas económicas para mariñeiros e peixeiras, a mingua de ingresos para os hostaleiros e moitos outros negocios e unha longa restra de repercusións que o constante pranto do ceo trae consigo.
Non levo a conta dos anciáns que non puideron resistilo -incluído algún familiar-, pero non me estraña que se apearan deste mundo plúmbeo que escurece a alma.

5 comentarios :

mariajesusparadela dixo...

É certo. Acabaremos absolutamente enfastiados.
(Tanto como levo chorado pola choiva...)

zeltia dixo...

non muller, que xa está aí a primavera, xa case, case, case.

Aldabra dixo...

non podo mais que darche a razón, e mira que me fastidia... pero é que este inverno estase facendo longo de mais... teño enchoupado todiño o meu corpo... e veña auga... e veña auga...

agora mismo vai un raio de soliño pero non sei se durará... xa che direi...

biquiños,

Chousa da Alcandra dixo...

Prepara os pétalos, que vai chegar a primavera!!!

paideleo dixo...

E non che digo nada se tés dous pequenos na casa sen saír día tras día.