27.4.13

Camilleri reborda



Dous son os libros de Andrea Camilleri que traguei un detrás do outro: La danza de la gaviota e La búsqueda del tesoro. Gustáronme moito os dous, diferentes pero co selo inconfundible de Camilleri: o protagonista é Salvo Montalbano, todo está atado e ben atado, a humanidade reborda en cada liña, a calidade literaria queda fóra de toda dúbida, a acción está garantida e as sorpresas asaltan a cada pouco.
Quizais apenas se note o meu entusiasmo por este autor que coñecín na década dos 1990 e sigo desde aquela por puro pracer persoal. O seu Montalvano (Salvù, para os íntimos) foi medrando paseniño ao longo dos anos e agora, con cincuenta e sete cumpridos, anda amolado e medio acomplexado polo paso do tempo e o preto que se sente da vellez. As súas calidades de sabuxo intuitivo e perspicaz continúan tan ou máis agudas ca na mocidade, se cadra máis, porque, á fin e ao cabo, a experiencia non deixa de ser unha virtude, pese a quen pese.
Dáme mágoa que Camilleri estea algo canso del e que a súa idade non permita unha nova restra de vinte novelas máis. Seica hai xa un tempo entregou a última ao seu editor para publicala despois da súa morte, algo que non agoira nada bo, pero cumprirá contentarse. Entrementres, gocemos do seu enxeño e do seu bo facer.

9 comentarios :

paideleo dixo...

Haberá que porse ao día coas lecturas.

HdeMd dixo...

Moitas gracias por darmo a conocer
Saudos,
HdeMd

mariajesusparadela dixo...

E despois, tocará releer: non haberá tantas sorpresas (algunha sí, que a memoria e feble), pero atoparás rasgos de humanidade máis acordes co espacio ó que ti teñas chegado. Que cada tempo (propio) da unha lectura.

zeltia dixo...

Vamos que o autor levará ao seu personaxe con el á tumba :(

Cando empece eu, calquera verán, xa che preguntarei títulos e cronoloxía, recomendacións
:)

Aldabra dixo...

e eu sigo sin ler a Camilleri... ¿ten algo que ver coa serie que están votando, creo que na dous da tve, do comisario Montalbano?

paréceme un pouco forte eso de deixar unha novela para publicar despois de morrer, da un pouco de yuyu,non?

biquiños,

peke dixo...

Non vexo tele, pero se é do comisario Montalbano, seguro que está baseada nestas novelas.

Chousa da Alcandra dixo...

Ultimamente, debo confesar, que me botei ao monte totalmente (no plano da lectura). Acabarei por ser acólito de Evo Morales se sigo así. Pero veño ler a túa crónica, así que...algo é algo :-)

Leia G dixo...

Teño que ler eu a este home!

MH dixo...

Huy...alguien cumple años...:)