12.7.13

Cadelas, calor e outras herbas

Melas non deixaba a pelota por se alguén se animaba

Dona deitada na plaqueta, abafada por completo
O peor da onda de calor foi a súa aparición súbita despois dunha primavera inexistente. De necesitar zapatos, calcetíns e chaqueta pasamos sen transición a suar abafados polo ar do Sahara. O primeiro día que chegou erguinme da cama e notei que algo non andaba ben; a lumbalxia aguda desta vez (a terceira que padezo no que vai de ano) apareceu sen eu facer nada para merecela; aturei a faixa lumbar dous días, pero a intensa calor converteu en suplicio o que debería ser axuda.
Dona e Melas buscaban conforto no interior da casa e, de cando en vez, achegábanse a min procurando caricias, ignorantes -miñas pobres- da calor que os seus corpos emanaban; imposible sacalas de paseo ata a noite ou a madrugada e, por riba, tiñan que durmir dentro porque Dona estaba en celo. Aínda así entrou na horta Rouco, un can veciño polo que esta cadela sente predilección, e non sabemos canto tempo estivo aquí; así que... dentro duns días cómpre facerlle unha ecografía e, se o anano ese deixou recado (espero que o seu cativo tamaño llo impedise) haberá que tomar medidas. En fin, unha delicia.

8 comentarios :

mariajesusparadela dixo...

Agradece non estar en Ourense.

Peke dixo...

Agradezo, cariño, agradezo. :)

Paz Zeltia dixo...

foi sorprendente o da onda de calor, (que dura!)
non te fies dos ananos...
:D para o que lles interesa, ben que dan a talla.

Brisa dixo...

Creo que la ternura refresca, al menos el alma :)

Así que sigue respirando ternura y seguro que la calor se hace más soportable :)

Un abrazo.

matrioska_verde dixo...

cómo vai ese lumbago?... espero que xa esteas noviña, ou como nova... que tampouco é cuestión de exisir demais.

biquiños,

peke dixo...

Quéreme moito, Aldabra; aínda segue comigo. :(

Paz Zeltia dixo...

pois arestora xa estarás coma unha rosa!
(ou iso che desexo)

Unknown dixo...

Qué riquiñas son tus perras <3