O gardián invisible é a primeira novela da triloxía do Baztán protagonizada pola inspectora Amaia Salazar. Traducida a trece linguas, non tardará moito en ser adaptada ao cinema e abofé que pode saír un filme xeitoso.
Intriga, misterio, asasinatos en serie, regreso á vila familiar, encontro co pasado, traumas non resoltos da nenez, complicadas relacións familiares, seres míticos navarros... semella unha mestura difícil de harmonizar que esta autora consegue sen dificultade aparente e con considerable habelencia. Os personaxes están ben definidos e caracterizados, a acción transcorre fluída levada dunha investigación que achega bastantes sorpresas no seu avance e a protagonista principal posúe as características idóneas para facela interesante.
Aínda que a lin no verán, non a coido literatura de "tempada" (confeso que non acabo de entender moi ben esa etiqueta), senón unha boa mostra dun xénero que vai medrando e enriquecéndose paso a paso.
7 comentarios :
Faláronme moi ben desta novela!
Pois para min é a primeira noticia. Tomo nota para cando volte pola libraría.
tén moi boa pinta, a verdade, pero é que eu non son de lecturas de asasinatos e cousas así, prodúcenme desacougo... pero tereina en conta.
biquiños,
Agora que comenza o curso e acougo algo, vou ver se a leo.
Voy a ir a por ella en breve. Por lo que deduzco de tu texto te ha gustado lo suficiente como para recomendarlo.
Mercès per animar-me.
Como te decía, no la he leído. Se está vendiendo mucho y parece que está gustando. De momento, no la tengo en el montón de espera, pero todo se verá. Bicos, querida.
Estoy con ella ahora mismo y me está resultando dejarme llevar por la historia. Me gusta y como bien dices se le nota facilidad para explicar y hacerlo bien.
Saludos!
Publicar un comentario