Tobías ou
Tobi é o rei da casa de Mollabao en
Teucro, de onde acabamos de chegar; é un can recollido do monte haberá uns dous anos e, aínda que pareza unha gran cousa na foto, cabe entre as patas de
Dona sen facer ningún esforzo; sen ofendelo, podo asegurar que me sobra man para acaricialo. Áxil, elegante, vivaz, mal comedor, amante do xogo e dos aloumiños, é amigo dos gatos que acotío aparecen por alí para pedirlle comida á miña cuñada e non minto ao asegurar que axudou a criar tres, orfos, supoñemos que por un mal accidente da nai.
Dona pasou bastante del, cómpre recoñecelo, pero Melas soubo retribuír a súa hospitalidade e ambos os dous brindáronnos a todos algúns momentos do máis divertido cando á noite saïamos á horta para tomar o fresco.
Foi de agradecer tanta vitalidade e tantas estratexias para zafar e entreterse, porque arriba a nai de B continúa murchando devagar. Apenas fala.
Ningún comentario :
Publicar un comentario