Hai dous días esperaba pasar a tarde coma adoito nos últimos tempos: un anaquiño de sesta sen durmir e logo escritura, pero unha mensaxe no móbil púxome a cen.
Ico e Berta estaban no
Vilar e preguntábanme onde estaba eu. Viñeron á casa, lóxico, lembramos tempos pasados e percorremos un chisco os presentes; bastantes amigos do seu enorme grupo -coñecidos meus de vello- xa son pais e non sei por que poño 'xa', porque teñen idade máis que suficiente para esa tarefa. De cando en vez teño que lembrarme a min mesma que son adultos desde hai tempo, que se este non se detén para min, tampouco o fai para os demais, que todos sen excepción seguimos crecendo sen parar.
Non podía deixalos marchar sen comer algo, así que preparei a cea mentres B regaba a horta salvaxe que temos desque lle rompeu a rozadoira eléctrica (e xa van tres). A conversa continuou entre
paté e un mesturado de gambas con grelos ao forno, para rematar con dous
tipos de
queixos, regado todo cun suave (por moito que poña
riserva)
viño italiano.
Cando marcharon quedei remoendo o encontro e volvendo experimentar sensacións gratas, desas que a un lle gustaría conservar para sempre.
Ningún comentario :
Publicar un comentario