Os entendidos dicíannos que os froitos da primeira colleira non se debían arrincar, que cumpría deixalos caer de seu, aínda que a min non me quedou nada claro o porqué. Seguimos o consello a medias, pois José de Marcos estaba xa moi maliño e quixémoslle regalar unha cesta deles; escollemos os máis fermosos separándoos con coidado das pólas, convencidos de que gorentaban só con miralos. Se esta colleita non se estraga por algún temporal (oxalá que non!), este ano gozaremos de novo dun sabor indescritible, pois non se lles bota ningún tipo de produto.
Cada mañá achégome ao pexegueiro para controlar o proceso e non deixa de marabillarme que dunha floriña saia unha froita tan saborosa.
8 comentarios :
Tenho un limoeiro que non froito.Un entendido decideu arreglarmo.
Cada vareada doume tanto a min como ao limoeiro.
Sigue o seu caminho sin froito pero o entendido non volveu a entrar na casa
Por Arbo tamén din que o primeiro ano non se debe apañar. E tamén din que o primeiro que apañe ten que ser un home que se apaña unha muller a árbore vólvese aneira e dá un ano si e outro non.
Son cousas de vellos !.
Pois eu non estou de acordo con iso de que non se poden coller os froitos o primeiro ano.
Nas árbores que teño na miña finca nunca respetamos iso e sempre dan bos froitos.
Coñezo xente que a Noiteboa enchen as árbores froiteiras de pedras (átanas nas pólas) para que a árbore cargue en froita. Iso aínda que parece un conto, ten unha base, as pólas dóbranse e iso fai que a savia chegue máis facilmente a punta.
contos de sempre, contos da vida.
xente que se vai, xente que ven.
recordos
teñen boa pinta!
biquiños,
É precioso velos medrar.
Teño entendido que o limoneiro precisa ferro (cravos oxidado, por exemplo, no pé.
Tanto o varealos como o de cargalos de pedras ten efectivamente o sentido que lle da Dilaida.Eu, cando dan pouco póñolles ladrillos colgando, que son doados de colgar polos buratos.
Bó proveito.
É precioso velos medrar.
Teño entendido que o limoneiro precisa ferro (cravos oxidado, por exemplo, no pé.
Tanto o varealos como o de cargalos de pedras ten efectivamente o sentido que lle da Dilaida.Eu, cando dan pouco póñolles ladrillos colgando, que son doados de colgar polos buratos.
Bó proveito.
Marìajesusparadela,gracias,vou probar co ferro e cos ladrillos.
A min a idea de varear algo vivo sigue sen gustarme.
Uxia teremolos que ir provar....
Publicar un comentario