2.6.12

Citas

Non hai noite tan longa que non remate en día é unha frase de Shakespeare que coñecín na novela de Agustín Fernández Paz. Os membros do club de lectura que acudiron á xuntanza do xoves non amosaron excesivo entusiasmo por esta obra: os personaxes resultáronlles planos e o estilo, demasiado sinxelo; gustoulles a trama, a pesar de que algúns detalles chiaban coma ratos e semellaban fóra de lugar, pero en xeral o libro quedoulles pequeno.
Aos adolescentes, porén -segundo a encargada da biblioteca do instituto de B-, encantoulles pola súa axilidade e fluidez e porque non se tardaba moito en lelo.
A min tampouco me pareceu nada do outro mundo, se cadra por esa sensación sibilina de que pretende máis do que consegue, aínda que non teño unha idea nada clara de cales foron as pretensións que moveron o autor.
Lembro outros libros de Fernández Paz moito máis logrados, pero, claro, as cousas non sempre saen como un desexaría.

3 comentarios :

mariajesusparadela dixo...

Pero, a frase da que nace é esperanzadora.

Aldabra dixo...

eu só lín del "O único que queda é o amor", unha serie de relatos de amor e desamor... é gustoume sin mais.

biquiños,

Noemí Pastor dixo...

¡Qué portada tan magnífica!