28.7.12

Grazas, señor Auster

Estimado señor Auster:
Antes de nada debo dicir que me enfeitizan os libros de memorias; si, enfeitízanme, non sei moi ben por que. Se cadra (é un falar) por ese fluír da memoria que adoita recobrar o que coida importante nunha existencia chea de acontecementos diversos; se cadra porque me gusta albiscar -ou axexar- vidas alleas a través da palabra, ou, se cadra, porque me agrada a sinceridade, ou algo que se lle asemella, se está ben escrita.
Gocei moito do seu libro Diario de invierno por bastantes razóns, sospeito que unha delas é que non atopei unha autobiografía convencional (o uso da segunda persoa narradora é un achado); tamén sospeito que as súas frases curtas e contundentes teñen moito que ver (nada de filigranas verbais nin melindres idiomáticos, senón precisión concisa e fermosa na expresión), esa elegancia en dicir cousas molestas para outros sen insultalos e, quizais por encima de todo, por esas constantes declaracións de amor incondicional cara á súa dona, Siri Hustvedt, e a súa admiración por ela.
Se cadra son demasiados os factores que me fixeron volver atrás, reler e compracerme nas súas palabras, pero o que non ten ningunha dúbida é que a lectura me entretivo unha barbaridade e me fixo reflexionar.
Con todo o meu respecto, un bico.
Peke.

4 comentarios :

matrioska_verde dixo...

POIS TEREINO EN CONTA cando elixa próximas lecturas.

biquiños,
e gracias a ti pola recomendación.

Anónimo dixo...

Tamén eu o lin hai uns poucos meses e tamén me gustou moito (e iso que o collín co bico torto, pero en fin)

Anónimo dixo...

Perdón, perdón, perdón: o que lin hai poucos meses foi Sunset Park, tamén de Auster, que foi o que me gustou moito apesar do bico torto, etc.
(Debe ser cousa do alzheimer, que fai estragos)
Acéptolle a recomendación.

BONEQUIÑA DE TRAPO dixo...

Gústame Auster, pero con este libro aínda non me atrevín. Grazas pola recomendación.