21.7.12

Saída en familia

A festa comezou pola tarde e continuou de noite, ignoro até que hora (se é que a houbo) porque nós os catro nos retiramos cara ás tres. Era a primeira festa da dorna de Melas, que observaba todo entre asustada e abraiada e por veces refuxiábase baixo a cadeira de B; Dona, ao meu lado, decidiu que se apoiaba na miña perna para sentirse protexida, pois había moito tempo que non permanecía nun ambiente tan ruidoso.
Os grupos distínguense polas camisetas de distinta cor e o nome inscrito nelas, aínda que todos comparten semellantes vasos de plástico con bebidas máis ou menos idénticas; tamén comparten a excitación da festa, as cervexas, os risos e, a partir de certo momento, o colocón.
No parque onde ceamos había un mundo de xente, toda ela ocupada en falar, cantar, beber, fumar e divertirse; pero cando a gaita se puxo a soar, tivémonos que ir: os audífonos facían tremelucir os sons no meu cerebro e iso, meus, non hai quen o ature.

7 comentarios :

mariajesusparadela dixo...

As festas son para divertirse. Si nos fan sufrir, mellor liscar.

Os meus cans, niste tempo andan todo o día pegadiños a min: os foguetes danlle moito medo.

matrioska_verde dixo...

parece que houbo moi bó ambiente e que gozáchedes de moi bó tempo.

eu non sabía que existís unha festa da Dorna, mira ti.

biquiños,

paideleo dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
paideleo dixo...

Hai festas de todos os tipos e só hai que ter o humo para embarcarse nelas.
O verán anima o ambiente vaias onde vaias.
Por certo, habería algunha competición ou exhibición de dornas polo menos e non só colocón ?.

Peke dixo...

Había carrilanas e vehículos voladores sen motor.

Teresa dixo...

Antiguamente,esta festa era moi diferente,rifavanse as dornas entre as familias mas necesitadas.o baile era de gala....
eu fún madriña da dorna no ano 1955

Paz Zeltia dixo...

lendo o comentario de Teresa faime pensar en como van cambiando as maneiras de celebrar e as tradicións... pero o importante é o ambiente festivo e que a xente lle bote humor e gana de pasalo ben.

Eu teño un amigo de aí da beira de Riveira, cántabro, que fala o galego divinamente e que participa nas reghatas de dornas, iso é integrasión, carallo!