9.8.12
Visita familiar
Se algo agradezo do paso do tempo é que vaia convertendo determinados membros da familia en colegas, feito que hai vinte ou máis anos semellaba imposible. Os nenos xa non son nenos, a avoa segue encamada pero intenta esforzarse por comunicarse, malia que lle custa, os adultos fomos limando asperezas e chegamos a un punto en que nos gusta estar xuntos porque nos entendemos bastante ben e, sobre todo, aceptamos o que somos hoxe e imos comprendendo o que fomos no pasado. Todos temos algo que achegar: bromas, problemas, ledicias e tristuras; experiencia en suma. É bonito. Moito.
Subscribirse a:
Publicar comentarios
(
Atom
)
3 comentarios :
e así non se forman tantas enrugas na cara.
biqñs,
Sí que o é. A lo menos, para min, a familia é a que sempre está ahí.
Como eu para eles.
pois eu non fun nunca moi familiar... mentres fun nova as reunións familiares era máis ben algo que había que aturar, porque a miña nai a vía feliz.
agora comprendo eu polo qué... pero tiven que pasar de ser "a pequena" a ser "das vellas" para chegar a aprecialo :-)
Inda así supoño que é porque non é demasiado frecuente. Se fose constantemente... non sei, non sei jajaj
Publicar un comentario