Os aparellos non posúen a versatilidade do oído nin a súa capacidade de adaptación, por iso os ambientes ruidosos constitúen un auténtico suplicio, as sirenas das ambulancias, os berros agudos dos meniños, a música dun concerto en directo, mesmo o tráfico e as buguinas chegan a resultar case insoportables, xa que fan vibrar fisicamente os audífonos e os oídos. Molestias menores, se cadra, mais suficientes para limitarme en certas actividades, é dicir, para impedirme realizalas.
Porén, oír é unha auténtica marabilla; os rechouchíos dos paxaros, o zoar das pólas, a voz humana, a música non moi alta, a unión entre un movemento e o correspondente son, a profundidade que lle dá a audición ao mundo..., todo iso é impagable.
E si, confeso que me amolan os chistes sobre xordos. Tamén me amola que non me chamen xorda e si discapacitada auditiva. Por favor!
2 comentarios :
eu tiven unha tempada acúfenos, non moi intensos (escoitaba camións ó ralentí, que non existían)
incríble o que me chegaba a molestar e mesmo a irritar.
un non sabe o ben que está cando está ben
:-)
alédame que pòidas escoitar os paxaros, e a música, e as voces das persoas que amas.
estoy en el límite para tener que poner un audífono en un oído, de momento oigo pero no siempre entiendo... supongo que un audífono es un añadido como las gafas (yo llevo gafas) con sus inconvenientes... pero siempre es mejor ver y oir así que benditos audífonos y benditas gafas y lo que sea que haya que poner.
biquiños,
Publicar un comentario