29.9.12

Club de lectura II

En efecto, a ningún dos que acudimos á xuntanza nos gustou Guinea, a pesar de que ten moitos ingredientes para facelo. Algúns detalles resultan inverosímiles ou pouco cribles; determinadas escenas -coma a dos gorilas- semellan, en xeral, fóra de lugar e mesmo provocaron expresións de por favor! en varios integrantes do grupo; a caracterización dos personaxes non acabou de callar, e, en fin, o conxunto non se apreciou como afortunado.
Para o vindeiro mes escolleuse La hija de Robert Poste de Stella Gibbons que, malia gozar de boas críticas e numerosas reedicións, tamén provoca rexeitamento, como se pode ver nos comentarios do primeiro enlace deste parágrafo. Porén, a min divertiume e, a pesar de non rir ás gargalladas, unha sombra de sorriso cubriume os beizos durante a súa lectura, e iso que non sei inglés e perdín moitos xogos de palabras e ambigüidades que a tradución non pode reflectir.
Veremos qué nos depara a próxima xuntanza.

7 comentarios :

Teresa dixo...

Hola,xa temos a relacion de libros para o trimestre, pero ainda non temos data,si queda para o Martes eu xa non podo ir,o Luns e o Martes teño ocupado,a ver en que queda isto.

mariajesusparadela dixo...

Para min, se fai sorrir, xa me vale.

Aldabra dixo...

que ben que sigades co clube de lectura.

non coñezo os libros que dís.

biquiños,

zeltia dixo...

eu deixei un comentario aquí... hai uns días...
estame a funcionar mal as suscripcións ó reader de google, pero quizá é que non aprobaches o comentario.
Xa non sei como manexar as suscripcións e enterarme das novas publicacións!

Peke dixo...

Eu no teño filtro de comentarios (que eu saiba).

Peke dixo...

Eu no teño filtro de comentarios (que eu saiba).

zeltia dixo...

enterada [as dúas veces] :-)
grazas.