27.10.12

Cores e prexuízos

A lantana é unha planta ben linda que nos regalaron nun testo os criadores de Dona hai algún tempo. A primeira vez que a vin -na horta dun veciño- lembroume unha hortensia en miniatura, malia as evidentes diferenzas que as distinguen; cando M e J trouxeron este exemplar sacudiume o pensamento* de que semellaba unha bandeira. Non tardei en rexeitar esa idea como impertinente e gocei durante o seu crecemento desde que a puxemos en terra pegada a unha parede da casa; medra vizosa desde a primavera ata máis ou menos esta época do ano e achega moita ledicia a esa parte da horta; é moi agradecida e apenas precisa coidados e, aínda que non cheira, atrae abellas e abellóns acotío.
Aínda que o pensamento* non desapareceu, conseguín non telo en conta á hora de contemplala, pois, á fin e ao cabo, dun xeito obxectivo, a combinación de cores resulta moi alegre e vistosa á marxe de calquera prexuízo nacido de non se sabe onde.

9 comentarios :

HdeMD dixo...

Lady Mary Wortley Montagu ( XVII-XVIII),poeta,feminista,avogada da vacunaciòn e dona do embaixador inglés ,aprende o lenguaxe secreto das flores en Constantinopla e cando voltan pra Inglaterra escribe e dao a conocer.

paideleo dixo...

Así que se chama Lantana. Eu chamábaa españolita, ben sabes polo que.

paideleo dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Anónimo dixo...

Me imagino que es una metafora,vamos a ver si encuentro el significado real.

mariajesusparadela dixo...

Pensa na planta. Da xenio vela.

matrioska_verde dixo...

a natureza non sabe de bandeiras e cousas tal... a natureza vai por libro, somos nos os que queremos poñerlle portas ó mar.

biquiños,

mario dixo...

unos giros de viento, saludos

Paz Zeltia dixo...

eu prantei o outro verán na miña aldea duas, unha con flores malva e outra con flores amarelas. pero as desa cor gústanme mais, a min nin de coña se me recorda nada :-)

o ano pasado, cando chegaron as xeadas pensei que morrera porque quedaron os pauciños pelados. corteinos, e este ano volveu a retoñar e a estar florida e fermosa.

Anónimo dixo...

¡Que bonitiña a lantana! ¿Cando se pranta? Estou a buscar frores de cores intensas para comezar un xardín, vouche copiar a lantana esta ;-)