Hai moitos anos que lin este delicioso libro de Jesús Tusón, reputado lingüista catalán; tanto me gustara o seu ton irónico, as súas verdades coma puños, a súa exposición fluída e clara, que me parecera unha mágoa que non fose lectura obrigada para todo o alumnado (e profesorado tamén) do instituto onde traballaba.
Por desgraza, case todo o que di segue vixente, porque os prexuízos son aprendidos, nunca innatos, e cómpre recoñecer que se hai algo difícil de erradicar son eles, os prexuízos, herdados da sociedade ou dos nosos pais (sociedade, á fin e ao cabo). Para non seguir repetíndoos coma loros deberiamos aprender a pensar por nós mesmos, informarnos a conciencia antes e reflexionar sobre os datos que se nos achegan. Pero, claro, iso leva tempo e traballo e acotío resulta moito máis cómodo seguir pensando coma adoito e non facer un pequeno esforzo por abrir a mente. Unha mágoa!
6 comentarios :
non podo máis que decir que tés razón.
biquiños,
E agora hai que lle engadir que hai moito interesado en evitar que a xente pense.
E por fin é lectura obrigada?
Coñezo o autor, mais non coñecía es título. Pinta máis que ben. Non todos están de acordo, pero eu celebro poder atopar este tipo de lecturas (non ficción) e tamén outras traducións en lingua galega.
Saúdos Peke
:-)
Dani
Non é lectura obigada, Zeltia, pero debería selo en toda España e, se me apuras, en todo o mundo. Ademais é moi entretido.
ObRigada, quería dicir.
Publicar un comentario