10.2.13

Máis que abraio

Dubido moito que abondase unha vida para comprender e asumir o que está acontecendo. Ler a prensa convértese nunha especie de pesadelo en que cada curruncho agocha un novo desencanto, cada sombra unha sacudida, e cada luzada unha decepción máis, e non porque unha sentise antes moita ilusión, senón porque o grao de desvergonza ao que se chega reborda de sobra o tolerable. Case ninguén se libra, por desgraza, e como non me considero a única a quen conceptos como honestidade, honorabilidade e honradez lle parecen imprescindibles, por básicos, sospeito que debe de haber moita máis xente que -coma min- padece un ataque agudo de noxo, doenza para a que non existen grandes remedios.

4 comentarios :

mariajesusparadela dixo...

Pois, penso que así é.

Aldabra dixo...

eu sinto noxo, é verdade pero tamén sinto moita pena do que está acontecer e sobre todo pena polos que están a sufrir a crisis de verdade: os parados, os desahuciados...

biquiños,

Chousa da Alcandra dixo...

Eu tomo un protector cerebral antes de ollar calquer titular. Despois, se me decido a ler algo máis...xa me teño que pinchar en vea un Nolotil. Ou dous.

paideleo dixo...

Eu non leo a prensa epouco miro a tele e semella que estou facenod o apropiado para non encabuxarme.