Moi agradable onte a presentación do Diario da viaxe cósmica á Amazônia de Tonhito de Poi. Da man de Roberto Vilar o público asistente mergullouse no proceso de elaboración do diario dun xeito ameno e agarimoso; logo o autor contou parte das súas experiencias e remitiunos ao libro ou á conversa privada para entrar en detalles que, segundo el, eran difíciles de verbalizar. Cantou, claro, e gocei coma nunca coa súa representación de dúas cancións.
Hai pouco que volvín escoitar música e aínda menos que coñecín a súa voz e o seu xeito tan sentido de cantar; inevitable non conmoverse ante a actuación deste home bo e xeneroso que decidiu compartir cos demais unha experiencia tan forte e intensa.
Houbo un momento en que me sentín algo ridícula presentando, en nome do Ateneo, unha persoa que aquí non necesita presentación ningunha e menos ante os asistentes -moitos parentes e amigos-, pero tamén fun consciente do agasallo que se me fixo. Un verdadeiro pracer.
3 comentarios :
pois terei que escoitalo, logo, porque non o coñezo, nin siquiera me soa... biquiños,
Aldabra, é o líder de Heredeiros da Crus. Non che soa?
So lle podo reprochar os guións dos Tonechos: paréceme un humor badoco de mais.
O resto, xenial. Digno presentado para marabillosa presentadora.
Publicar un comentario